BOIRO> A Asociación Boirense de Empresas presentou o novo catálogo de premios do seu sistema de fidelización para esta primavera. A plataforma vén de bater récord de participación con 4200 clientes rexistrados e 200 establecementos participantes.
Éxito do sistema de fidelización da Asociación Boirense de Empresas que xa conta con 4200 usuarios. Trátase dunha plataforma que permite rexistrar os tiquets de compra e acumular o dez por cento do valor para canxearse por bonos ou agasallos.
Ademais do crecente número de usuarios destaca tamén a gran implicación das empresas con 200 asociados.
Este sistema de fidelización encaixa perfectamente cos políticas da Dirección Xeral de Comercio que promoven a dixitalización dos negocios e tamén dos CCA para a súa xestión.
Os novos produtos do catálogo daranse a coñecer na festa da primavera que terá lugar este sábado. Ademais de acumular o dobre dos puntos coas comprar realizadas esta fin de semana, os clientes optarán ós premios a través da ruleta da ABE que sairá á rúa o sábado. A campaña culminará o luns cun sorteo fina de 100 euros entre as compras realizadas dende o 24 de marzo.











