Borja Pérez, un vilagarcián que vive a corentena dende Portugal

VILAGARCÍA> A situación que atravesa España é similar a do resto de países da Unión Europea. Afectado de maneira diferente aos veciños dos concellos da contorna que residen no estranxeiro. Dende Portugal, un vilagarcián nos explica a situación do país veciño.

A parálise provocada polo coronavirus causou diferentes dificultades aos veciños da contorna que residen no estranxeiro. É o caso de Borja Pérez, un vilagarcián que se atopaba mudándose dende Hungría a Portugal. Ao vir do estranxeiro a súa empresa o puxo en corentena, tempo que tivo que pasar en España. O regreso ao país veciño coincidiu co decretou do estado de emerxencia.

Pero no que máis lle afectou o peche das fronteiras foi no aspecto persoal, xa que a súa prometida non puido voar dende Hungría.

Ao ser o último país da Unión Europea en ter casos positivos, Portugal tomou medidas con moita antelación, o que favorece que a súa situación sexa menos complicada ca de España. O que permite unhas medidas menos estritas.

A situación contrasta coa dos negocios, xa que segundo Borja, a maioría están pechados, dando prioridade ao teletraballo. Dende o país luso preocupa que esta medida non sexa máis frecuente en España.

Dende Portugal manda unha mensaxe de ánimo agardando que todo se solucione pronto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí