BOIRO > Xosé Deira foi investido de novo como alcalde, grazas ó apoio do Partido Socialista a pesar dos desencontros xurdidos durante a negociación.
O salón de plenos do concello boirés estivo tamén ateigada de xente. A expectación e a incerteza do público asistente ante un posible xiro na decisión dos socialistas foi a nota que caracterizou a sesión de investidura. Esas dúbidas non foron despexadas ata o último momento, no reconto dos votos, ó comprobarse como os edís do PSOE, deran o seu apoio como hai catro anos ó candidato nacionalista Xosé Deira.
Nove foron os seus votos, máis que suficientes, fronte ós seis que recibiu Xoán Xosé Dieste do Partido Popular e os dous de Manuel Velo de Iniciativa Cidadá. Entre aplausos Xosé Deira recibiu o bastón de mando que o acredita como novo alcalde.
De seguro nos vindeiros días coñeceremos un pouco máis das especificidades do acordo entre as dúas formacións, BNG e PSOE, e de cómo resultou ó final o reparto de concellerías, un dos motivos fundamentais polas que estivo a piques de romperse o pacto de goberno.
Redacción Barbanza