Catro deputados do Barbanza ocuparán escano na Deputación da Coruña

    deputacioncorua_100_200607.jpgBARBANZA > As comarcas do Barbanza e Muros Noia contarán por primeira vez con catro representantes na Deputación Provincial da Coruña.

    Trátase dos socialistas Pedro Piñeiro e Caridad González, a nacionalista Rosana Pérez e José Manuel Santos polo Partido Popular. Este mércores tivo lugar a elección oficial dos representantes do Partido Xudicial de Noia.

    caridadgonzalez_200_200607.jpgOs socialistas barbanzáns apoiaron de xeito unánime a candidatura da ex-alcaldesa de Muros, Caridad González, para ocupar o escano provincial obtido no partido xudicial de Noia. O secretario de Política Institucional da executiva barbanzá, Xosé Manuel Lage, destacou o ‘acordo por parte de tódolos compañeiros e amosouse convencido da gran tarefa que desenvolverá a nova deputada provincial reforzando a actuación do Partido no conxunto dos concellos da comarca’.

    Pero esta non será a única representación do PSOE barbanzán xa que contarápedropieiro_200_200607.jpg con outro candidato, pertencente ó partido xudicial de Santiago. Trátase do alcalde rianxeiro, Pedro Piñeiro, que formará parte da candidatura xunto a Bernardino Rama, de Santiago, e José Luís García, de Brión. As xestións para a proposta de Piñeiro Hemida foron realizadas polo secretario comarcal, Blas García, quen considera que coa súa inclusión ‘estase a facer xustiza con Rianxo, dado que tradicionalmente tiña moi difícil optar a un escano na Deputación debido á amplitude do partido xudicial e a pouca conexións do Sar co resto dos concellos integrantes’. A elección de Pedro Piñeiro e dos seus compañeiros da demarcación compostelá realizarase de xeito oficial o vindeiro seis de xullo.

    rosanaperez_200_200607.jpgAs eleccións do pasado 27 de maio outorgaron por primeira vez ós nacionalistas un escano na Deputación coruñesa que finalmente será ocupado pola pobresa Rosana Pérez. A candidata proposta pola executiva galega obtivo 71 votos fronte ós 49 do mazaricán Xoán Manuel Ramos. Nun principio, o partido tamén presentou a candidatura da edil ribeiresa Dominga Brión, que a pesar de agradece-la confíanza decidiu non postularse.

    O Partido Popular soamente contará nesta lexislatura cun deputado provincial fronte ós dous que viña ostentendo. Será o alcalde de Mazaricos, Xosé Manuel Santos Maneiro, que continurá a labor iniciada por Torres Colomer e Carlos López Crespo.

    Redacción Barbanza