Zona Aberta reclama unhas axudas da Xunta de Galicia que non dan chegado

    VILAGARCÍA > A Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía reunirase este mércores en Santiago cóa…

    …directora xeral de Comercio. O asunto a tratar é o atraso no cobro das axudas prometidas pola Xunta ós establecementos danados nas riadas do pasado 27 de novembro. Sete meses despois das riadas, os comercios danados continúan ás voltas coas axudas prometidas pola Xunta de Galicia. Segundo indica Zona Aberta, a asociación de comerciantes de Vilagarcía, o Consorcio de Seguros xa cumpriu pero non así o goberno autonómico.

    Segundo Zona Aberta, o principal problema radica na documentación que se lle esixe ós comerciantes, xa que o pasado 4 de xuño tiñan que presentar facturas con xustificante de pago tanto dos arranxos como da mercancía reposta. O mércores teñen prevista unha reunión coa Directora Xeral de Comercio coa que tratarán de dar luz a estes problemas.

    Redacción Salnés