Alfonso Rueda considera chave o voto dos indecisos

MEIS> O resultado electoral en xogo co voto dos indecisos. Así o asegurou o presidente do PP en Pontevedra e engadiu que están a traballar para ser os elixidos. Considera que un goberno de Casado sería máis beneficioso para a comarca do Salnés.

Aproveitando a romaría da Virxe das Cabezas de Meis, o líder do Partido Popular en Pontevedra achegouse ata a Armenteira acompañado dos alcaldables do seu partido nos diferentes concellos da contorna. Alí asegurou que a chave das eleccións está no voto dos indecisos que este ano son máis que nunca.

Alfoso Rueda defendeu o voto ó seu partido considerando que as opcións son ou un presidente que está ó tanto do que pasa na zona ou outro que dende que está no goberno non se achegou a Galicia.

Asegurou que seguirán traballando duro para ser os elixidos e continuar con máis forza para as eleccións municipais.

Comments are closed.