Intensificaranse os controis ás empresas para evita-los vertidos

    xuntanzaacuagestpobra_100_210607.jpgPOBRA > O concello realizará unha modificación da ordenanza reguladora de vertidos co fin de incrementa-las sancións as empresas contaminantes.

    Consciente dos problemas de cheiros e malos olores que se están a producir no municipio, así como tamén de vertidos de carácter industrial, o goberno local que preside Isaac Maceiras convocou esta mañá unha xuntanza para analizar estes problemas e buscarlle entre tódalas partes implicadas unha solución. Despois de máis de dúas horas de xuntanza, na que estiveron presentes responsables de Augas de Galicia, da empresa GESECO, concesionaria da xestión da actual depuradora municipal, así como tamén de Aquagest. Na reunión acordouse a adopción dunha serie de medidas para porlle fin a estas prácticas que por desgraza se están a converter nunha constante na vila. A primeira delas será a instalación dun sistema pioneiro en Galicia de tomamostras de control en tódalas empresas asentadas no municipio.

    Outra das medidas será a modificación da actual ordenanza reguladora de vertidos, un trámite que deberá ser levado ó vindeiro pleno do mes de xullo.

    O alcalde pobrés informou que se levará a a cabo un control exhaustivo no colector xeral do polígono para coñecer se as empresas contaminantes proceden do polígono industrial da tomada ou pola contra están asentadas fóra del. Segundo el daraselle tamén un prazo ata setembro para que realicen a instalación dos sistemas de predepuración.

    Xuntanza cos empresarios

    A vindeira semana o executivo pobrés ten previsto manter unha xuntanza coa totalidade dos empresarios da localidade durante a que se lles informará das medidas que se tomarán a partir de agora co obectivo de poñerlle fin ós vertidos e malos olores existentes no municipio.

    Redacción Barbanza