NOIA> Os nacionalistas denuncian que a pesar de que o municipio forma parte da dende o ano 2014 da Área de Transporte Metropolitano de Santiago, a día de hoxe, seguen a existir numerosos problemas de mobilidade e falla de conexión.
Precisamente un deses problemas de conexión dáse principalmente con Santiago, a onde acoden diariamente moitos veciños do municipio e da comarca noiesa.
Dende o BNG tamén denuncian as eivas de conexión coa comarca do Barbanza, especialmente con Boiro e Pobra, onde apenas existen a diario un par de servizos, ou os problemas que ultimamente se están a dar na ruta entre Noia e Ribeira, por Porto do Son.
Ademais do problema nas rutas, dende Galiza Nova piden tamén bonificacións no servizo de transporte para a mocidade.
Xuntanza
Precisamente na busca de solucións ó transporte, a Xunta mantivo unha xuntanza cos varios alcaldes das comarcas do Barbanza e Muros –Noia. Nela acordouse o reforzo dos servizos de autobús que conectan estas zonas con Santiago.
Durante o encontro, na que tamén tomaron parte representantes da empresa Monbus, concesionaria do servizo, tratouse a proposta de reestruturación dos servizos para reducir os tempos de viaxe entre Ribeira e a capital de Galicia, nas franxas horarias de maior demanda.
Ademais na reunión analizáronse tamén as demandas dos usuarios, trasladadas polos alcaldes, centradas na información sobre os horarios. A este respecto, acordouse que a empresa reforzaría a información de liñas e horarios nas paradas físicas, comprometéndose a remitir a dita información ós concellos para ter así unha maior difusión.