![]()
VILAGARCÍA > Os veciños de Castroagudín seguen montando garda debaixo desta bóveda para impedir que continúen as obras da futura circunvalación de Vilagarcía.
Cada día reúnense neste punto ducias de veciños en xornada de mañá e tarde, sexan cales sexan as condicións meteorolóxicas. Como saben, as súas protestas xiran principalmente en torno a este lugar onde lles van a construír todo un terraplén dunha altura entre seis e oito metros superior sobre esta bóveda; que soporta o que sería o futuro túnel.
Esta actuación, segundo denuncian, vai a un supoñer un importante impacto visual e mesmo medioambiental ó construír unha barreira de terra que causará un efecto como se enterrasen a localidade. Por isto piden no seu canto que se constrúa un viaducto. Pero a maiores, reivindican tamén que se lles explique como se van a ver afectados outros puntos desta localidade como fontes naturais, presas de rego, camiños, estradas, accesos ou montes.
Un par de representantes destes veciños aproveitaron a última visita do presidente da Xunta a Vilagarcía, para facerlle chegar un informe redactado polo enxeñeiro da comunidade de Montes de Cea; que veñen de contratar. Hoxe mesmo recibiron contestación de Emilio Pérez Touriño por escrito, na que, brevemente, lles anunciara que remitira o informe á Consellería de Política Territorial e Obras Públicas, que é quen ten as competencias nesta actuación.
Noutra orde de cousas, os de Castroagudín denuncian ademais que a chegada do mal tempo converteu nun lamazal os accesos á parroquia, co conseguinte perigo para a seguridade vial.
Estes veciños tamén adiantan que estas obras xa están provocando desfeitas no entorno que poderían dar en incrementar o problema das inundacións; máis aló da parroquia de Castroagudín.
Por se foran pouco todos estes problemas, agora estes vilagarciáns teñen medo a que a CPTOPT chegue a desaloxalos á paos para posibilitar que continúen as obras. Por iso, xa falan de dictadura, actuacións caprichosas e mala fe, no xeito de actuar da Xunta de Galicia.
Redacción Salnés







