O BNG solicita medidas de apoio ao Parlamento para a pesca de baixura

    bieito_220607_100.jpgVILAGARCÍA > O BNG presentou unha Proposición non de Lei ante o Parlamento para solicitar medidas de apoio á pesca de baixura.

    Segundo denunciaron o deputado nacionalista no Parlamento de Galicia, Bieito Lobeira, e mailo responsable comarcal do BNG no Salnés, Duarte Correa, a lei de Pesca do ano 93 do anterior goberno popular contempla que as embarcacións con máis de trinta anos non poden renovar o permiso de explotación.

    Segundo o responsable de Pesca do BNG, Bieito Lobeira, Galicia perdeu nos últimos 15 anos máis de 3 mil embarcacións de baixura que cifran na actualidade en 5 mil duascentas o total de embarcacións existentes. Entre 2004 e 2006 na rái de Arousa déronse de baixa máis de medio cento de embarcacións de baixura. Os nacionalistas aseguran dispor de só 6 meses para modificar a lexislación que impide actualmente a renovación dos permex e traballarán polo traslado de competencias mariñas cara a autonomía.

    Redacción Salnés