A Deputación patrocinará á selección española de piragüismo

equipopiraguismo100_260607.jpgPONTEVEDRA > Un total de trece piragüistas galegos participan coa selección española no Campionato Europeo

… que se celebra a partir deste xoves en Verducido, Pontevedra. O equipo nacional ó completo presentouse na Deputación provincial, que será ademais o seu patrocinador o vindeiro ano.

O equipo nacional de piragüismo presentouse onte á tarde na Deputación de Pontevedra. Dos 34 padexeiros que o compoñen 13 son galegos, en entre eles están as estrelas David Cal, Teresa Portela, David Mascato e Alfredo Bea. Este último faltou á cita polas súas responsabilidades como edil do Concello do Grove. O equipo estivo arroupado polos técnicos e polo presidente da Federación Española de Piragüismo, quen recalcou que se afronta o Europeo de Verducido sen ambición. E é que as vistas esta tempada están postas no mundial de Alemaña, de onde sairá a clasificación para as Olimpíadas de Pekín do ano que vén.

De todos xeitos onte xa tiveron medalla, a que lles deu a cada un a Deputación de Pontevedra, que se sumará á nómina de patrocinadores do equipo nacional durante 2008. A partir deste xoves un total de 589 piragüistas procedentes de 35 países tomarán parte no Pontillón do Castro, en Verducido no Campionato de Europa de Augas Tranquilas.

Redacción Salnés