Reservas de ata o 80 por cento nos hostais de O Grove

    hotelogrove_100.jpgO GROVE > Na vila os hostaleiros van apurando estes días os preparativos para a Semana Santa. Uns días festivos que este ano comezarán un día antes, …

    … o mércores 18 de marzo, co día de San José. As expectativas son bastantes boas. Nalgúns hoteis do concello xa hai rexistradas ata un oitenta e cinco por cento no número de reservas, entre os días 19 e 22 de marzo. Agora só queda que os acompañe o bo tempo. Para esta fin de semana deixarase ver unha borrasca pola zona do Salnés, que esperan remita para os días festivos.

    O perfil do turista que elixe as Rías Baixas para pasar estas pequenas vacacións vai dende persoas da nosa comunidade, veciños do norte de Portugal e tamén xente de toda España. A maioría repiten destino, e a eles os hostaleiros de O Grove, así coma o resto do sector servizos dedicado ó turismo, pretenden ofrecerlle unha oferta completa de actividades de ocio, que teñen coma principal insignia a restauración.

    Para mostrarlles ós posibles interesados en visitar a comarca o tempo que haberá nos días festivos, e que as veces non é moi exacto na información dada polos medios, principalmente os nacionais subliñaron, teñen previsto crear na súa web, escápateaogrove.punto com, un enlace directo con outra web, a de meteogalicia.

    Redacción Salnés