A Xunta reitera o seu compromiso co sector do campismo en Galicia

    visitaconsleliroindustria_100_260607.jpgRIBEIRA > Fernando Blanco visitou esta mañá as instalacións do Cámping Rural Ría de Arosa II, situado na parroquia ribeiresa de Oleiros.

    O responsable autonómico comprobou como se están a cumprir os compromisos adquiridos polo seu departamento hai un ano, cando o cámping resultou afectado pola vaga de incendios. A aposta do goberno autonómico pasa por potencia-lo sector do campismo coa mellora dos servizos, posto que constitúe o 20% da oferta total de prazas turísiticas en Galicia.

    Primeira visita

    Hai agora case un ano que o Conselleiro de Industria visitaba por primeira vez o camping rural Ría de Arousa II para analizar os danos ocasionados polos incendios do pasado verán nas súas instalacións. Daquela, o titular autonómico xa manifestara o seu compromiso para impulsar este sector, que manexa boa parte dos recursos turísticos de toda Galicia. Así foi e hoxe, Fernando Blanco puido comprobar as melloras realizadas neste complexo turístico para acadra a excelencia nos servizos ofertados ós seus clientes.

    Instalacións innovadoras

    O camping Ría de Arousa II é o primeiro destas caracterísitcas que xurdiu en Galicia e, na actualidade, o de maior extensión. O seu xerente, Manuel Domingo Rodríguez, destacou o carácter innovador da empresa que conta coas últimas novidades tanto en materia tecnolóxica como na xestión.

    De cara ó verán que entra, a dirección do cámping agarda que non se volva a repeti-la situación provocada polos incendios do apsado verán. Para elo, coa colaboración da administración pública, xa se adoptaron as medidas de prevención necesarias establecendo un cortafogos de 50 metros arredor das instalacións.

    Redacción Barbanza