Coregal asumirá a xestión do punto limpo e a recollida de papel e cartón

BOIRO> O concello de Boiro asinou un convenio co Centro Especial de Emprrgo Coregal para a xestión do punto limpo e a recollida selectiva de cartón. A empresa, xestionada por COGAMI, asumirá o servizo durante dous anos.Mediante a sinatura deste contrato, o concello de Boiro volve reafirmar a súa aposta pola integración das persoas con discapacidade. A convocatoria dun concurso a través do procedemento de contrato reservado a centros especiais de emprego concluíu coa adxudicación deste servizo a Coregal. A empresa que conta cun centro de traballo en Boiro con trinta e nove empregados, todos eles con discapacidade, asumirá a xestión do punto limpo e a recollida de papel, cartón e envases lixeiros. O contrato ten duración dun ano, prorrogable a outro con importe próximo ós oitenta mil euros anuais. Coregal forma parte das once iniciativas de economía social xestionadas por COGAMI, onde traballan oitocentas persoas.