POBRA > O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, mantivo unha xuntanza cos responsables de varias empresas ubicadas no polígono industrial da Tomada …
… para informar da modificación da ordenanza municipal antivertidos co obxectivo de endurece-las sancións para que se respecte a lei.
Ademais do alcalde, Isaac Maceiras, estiveron presentes na reunión o concelleiro de Industria, Manuel Fontao e os técnicos de Aquagest, Casimiro González e Paula Piñeiro.
Os responsables municipais informaron ós representantes das empresas Actemsa, Escurís, Congalsa e Salica, da política emprendida polo concello para erradicar os vertidos ilegais para o que é precisa a colaboración das empresas.
O vindeiro 26 de xullo levarase a pleno a modifcación da ordenanza antivertidos, co obxectivo de endurecer as sancións e establecer uns tomadores de mostras dos residuos máis esixentes, de forma permanente en cada empresa.
Isaac Maceiras lembrou ós empresarios que dispoñen de prazo ata o 15 de setembro para actualizar os seus sistemas de depuración, garantindo que os residuos que verten á rede xeral non son contaminantes.
Aínda así, a partir de agora vaise facer un seguemento exhaustivo dos vertidos de cada empresa para saber cales están xa a cumprir coa ordenanza e aquelas que sistematicamente violan a normativa vixente.
Redacción Barbanza