VILAGARCÍA> Venres oito de maio. Vaian anotando esta data nas súas axendas porque esa noite, a orquestra Panorama volverá atraer mareas de xente a Vilagarcía para ofrecer un espectáculo musical de luxo. A Gala contra o Cancro trae este ano un cartel inzado de artistas nacionais e internacionais: Auryn, Luis Fonsi, David Bustamante, India Martínez ou Danny Romero son algunhas das voces que desfilarán polo recinto feiral de Fexdega. O oito de maio Vilagarcía volverá a converterse na capital da música grazas á orquestra Panorama e ó cartel de artistas que os acompañarán na oitava Gala contra o Cancro. Unas vinte mil persoas achegaranse á cidade para asistir a un evento solidario que cada ano supera expectativas. O programa deseñado por Panorama para este ano promete baile sen descanso. Luis Fonsi encabezará un cartel de luxo no que tamén brilarán David Bustamante, Soraya, India Martinez ou o canario Danny Romero. Auryn e Gemeliers encargaranse de espertar os berros das adolescentes, mentres que Pablo Gómez, Romántico Latino e DKB completarán o elenco latino. As entradas para asistir ó evento xa se poden adquirir a través de internet, en www.ataquilla.com, no Auditorio de Vilagarcía e nos centros Condesa Sport. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/galapanorama.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/GALA_PANORAMA.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas