Os centros educativos contarán con vixilancia para impedir a violencia

    seguridadescolar100_050707.jpgPONTEVEDRA > O Subdelegado de Goberno, Delfín González, e o Delegado Provincial de Educación, Cristóbal Fernández,deron esta mañá…

    … unha rolda de prensa para falar das características do Plan para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar nos centros de Galicia. Este Plan, que se porá en marcha en toda España durante o próximo curso escolar, servirá para impedir conductas violentas nos centros educativos.

    Os colexios contarán coa vixilancia policial ou da Garda Civil nos seus arredores seguindo a mesma dinámica que a utilizada na loita contra o trapicheo e o consumo de estupefacientes. Como medida complementaria os corpos e forzas do estado darán charlas e conferencias sobre a violencia e as súas repercusións nos centros nos que se solicite.

    Este plan ponse en marcha tras presentarse no mes de febreiro e levarse a cabo experiencias piloto en Navarra e Cantabria. Na segunda quincena de setembro comezarán as reunións cos directores dos centros educativos para informalos das características desta iniciativa.

    Redacción Salnés