A XXIV Regata Ramiro Carregal decidirá o Campión Galego de Cruceiros ORC

PORTO DO SON> Todo listo para unha nova edición da Regata Ramiro Carregal Rey – Gran Trofeo Faro de Corrubedo que se celebrará os días 22 e 23 de xuño en augas das rías de Arousa e Muros-Noia. Este ano será ademias sede do campionato galego de ORC e puntuable para a Copa Galicia de Cruceiros.

Os clubs náuticos de Portosín e Ribeira volven colaborar para poñer en marcha unha das regatas máis lonxevas de toda Galicia. Nesta vixésimo cuarta edición, a regata Ramiro Carregal Rey desenvolverase de Norte a Sur polo que sairá o sábado dende o Náutico de Portosín.

A proba servirá ademais para determinar o Campión Galego de Cruceiros ORC neste ano e será puntuable para a Copa de Galicia que decide o club galego con mellor flota de cruceiros.

Ó acto de presentación asistiu tamén quen dá nome á regata. Ramiro Carregal quixo agradecer ós dous clubs que manteñan viva esta proba que máis alá do seu valor deportivo é unha mostra de confraternidade e unión entre os dous náuticos.