Concentración en Vilagarcía para reivindicar o dereito a unha vivenda digna

VILAGARCÍA> Concentración en Vilagarcía para reivindicar o dereito a unha vivenda digna. A convocatoria parte da plataforma galega Vivenda Xa, que reclama que concellos como o vilagarcián tomen medidas facilitar o acceso a un fogar. Demandan, por exemplo, unha suba do IBI ás vivendas baleiras, a solicitude á Xunta da declaración de zona tensionada, máis control sobre as vivendas de uso turístico ou aumentar a oferta de solo para a construción de vivenda pública.

A Plataforma Galega Vivenda Xa naceu hai pouco máis dun ano. Hoxe chegaron a Vilagarcía para poñer o foco nas vilas de tamaño medio do país porque  crise da vivenda non só afecta ás cidades grandes. Explican que municipios como este estás sufrindo o problema coa mesma intensidade. 

Entre as medidas que propoñen, a suba do IBI ás vivendas baleiras, a solicitude á Xunta da declaración de zona tensionada ou máis control sobre as vivendas de uso turístico.

Tamén demandan mobilizar máis solo para vivenda pública real.

Tras a concentración a plataforma presentou no rexistro unha proposta de moción coas súas demandas.