Dolores García: ‘Ofrezo entusiasmo, traballo, experiencia e diálogo’

    VILAGARCÍA > Traballo, experiencia e diálogo é o que ofrece a nova alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, para conseguir unha cidade máis culta, máis libre, máis aberta e máis igual. Así o dixo no seu discurso …

    … de investidura, logo de xurar o seu cargo e recibir o bastón de mando.

    doloresgarciaalcaldesa300_120707.jpgDolores García xa é alcaldesa de Vilagarcía, tras recibir esta tarde o bastón de mando de mans do alcalde en funcións, Xosé Castro Ratón. Foi despois dunha votación mediante papeleta para decidir entre a candidata do PSOE e o do PP Tomás Fole. O resultado foi de empate a 7 votos, máis 4 abstencións, polo que se fixo valer a lista máis votada o pasado 17 de maio.

    Entre aplausos e gritos de alcaldesa, Dolores García xurou o seu cargo e arrancaba así o seu discurso de investidura: ‘É un momento especialmente difícil porque por un lado me sinto orgullosa, honrada e contenta por este reto, porque é a miña cidade’. A nova alcaldesa tivo ademais un recordo para o seu predecesor no cargo Enrique León, de que dixo que ‘coa súa actitude deu un exemplo de honestidade’.

    Dolores García recoñeceu que lle toca gobernar un Concello sen gozar de maioría absoluta, pese a ter como socios ós edís do BNG, e comprometeuse a pórlle vontade e traballo para atopar acordos en numerosas iniciativas e accións de goberno co resto de forzas da corporación, ‘en especial con Esquerda Unida’, puntualizou. Modernizar a administración e servizos municipais, unha planificación harmónica e respectuosa co medio ambiente e unha cidade aberta e plural, con calidade de vida, son os obxectivos programáticos que se marca a nova alcaldesa. ‘A este compromiso sumo entusiamo, traballo, experiencia e diálogo por unha cidade máis culta, máis libre, máis aberta e máis igual’, sinalou.

    Dolores García recibiu o respaldo de numerosos veciños, en especial de simpatizantes e dirixentes do PSOE, como o coordinador provincial Modesto Pose.

    Redacción Salnés