CALDAS, MEIS> O cuarto premio tamén chegou a outras dúas vilas da nosa contorna, Caldas e Meis. No concello caldense vendéronse 32 series do 91179 deixando na vila 7,6 millóns de euros. En Meis, un agraciado selou por máquina este número gañando 20 mil euros.
O número 91179 foi o da sorte neste sorteo de nadal en Galicia. Ademais de deixar 16 millóns de euros na Illa, tamén premio a outros concellos como Caldas e Meis. Precisamente, da administración número 1 de Caldas foi de onde saíu este boleto, que na súa vila deixou 7,6 millóns de euros.
O número repartiuse por asociacións e establecementos, aínda que a gran parte fose parar á Illa de Arousa.
Ao igual que na Illa, en Caldas a maior parte do premio tamén se repartiu en participacións deixando na vila numerosos agraciados.
Este é o premio máis grande que deron dende o establecemento nun sorteo de nadal.
O cuarto premio tamén caeu no concello de Meis, foi un boleto selado por máquina cuxo agraciado se levará 20 mil euros. Dende o establecemento Casa Samuel celebraron este premio.
Dende o local descoñecen quen pode ser agraciado.
Este premio non é o primeiro que cae no establecemento Casa Samuel, nos últimos anos a fortuna da lotaría do nadal achégase ao local de Meis. O que agardan ambos negocios e que estes premios atraian a máis clientes e poder repartir máis premios no sorteo do neno.