Un veciños de Meis leva tres anos agardando por unhas vallas

    vallameis_100.jpgMEIS > Un veciño da aldea de Arriba, en San Salvador de Meis, leva tres anos agardando a que lle poñan un valado,…

    …no camiño que sobe para a súa casa. Cando asfaltaron a estrada que atravesa esta parroquia, José Feijóo Balboa cedeu uns 3 metros de ancho para que puidesen ampliala. A cambio pediu que nesta forte pendente, dispuxesen un valado de protección para evitar que os transeúntes se precipitasen por estes case cinco metros de altura.

    Este veciño xa foi unha chea de veces ó longo deste trienio a falar co alcalde e cos responsables da deputación para saber como ía o tema das vallas. En ámbolos dous sitios lle ratifican que si que o van a instalar de contado, pero cada un agarda a que sexa o outro ente o que se faga cargo do seu custe.

    José Feijóo incide en que esta valla de menos de trinta metros lineais é moi necesaria posto que enmarcaría un camiño veciñal, que conduce ós montes da comunidade. Farto de esperar, José Feijóo xa contactou cun avogado para denunciar ó Concello por este cumprido atraso.

    Redacción Salnés.