MEIS> O concello de Meis pon en marcha “O Canto da Escudeira”, un proxecto solidario para a recollida de roupa para os máis necesitados. O goberno local pon a disposición dos interesados un roupeiro municipal na casa do Escudeiro. A recollida de prendas terá lugar todas as mañás na casa da cultura.
A prioridade do concello de Meis durante esta crise sanitaria é axudar á súa veciñanza. Dende o goberno local sinalan que darán prioridade aos servizos sociais por riba doutros proxectos. Por elo, para axudar aos mais necesitados, o concello pon en marcha o roupeiro solidario.
O proxecto leva o nome o Canto da Escudeira, posto que o concello utilizará unha habitación da casa do Escudeiro para utilizala de roupeiro. As persoas interesadas en adquirir a roupa deberán demandala a través da concellería de servizos sociais do concello de Meis. A propia concelleira desta área encargarase persoalmente de atendelos para garantir a súa intimidade.
Aqueles que queiran colaborar poderán depositar a súa roupa na casa da cultura de Meis en horario de 9 a 13 horas. As prendas serán recollidas por persoal do concello e levadas á escudeira.
A pesar das doazóns o concello tamén realizará a súa colaboración.
O goberno local agarda unha gran colaboración da cidadanía neste proxecto, ao igual que aconteceu coa recollida de alimentos. Ademais pensado nos máis pequenos, o concello tamén porá en marcha en breves a campaña de recollida de xoguetes.