![]()
MEAÑO > Como cada ano, a proba congregará no municipio ós mellores corredores de Galicia e Portugal.
Este ano a Carreira Popular de Meaño será o día 9 de setembro ás 11 da mañá e contará cun novo patrocinador: o Albariño Rosalía de Castro. O hotel Quinta de San Amaro acolleu esta tarde a presentación da Carreira, unha proba máis que consolidada no calendario deportivo galego e que este ano cumprirá 23 anos. Haberá premios para os 5 primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como femenina.
Segundo explicou Marcos Castro, presidente da Asociación Cultural de Deportiva GAM que organiza o evento, o primeiro clasificado, tanto en categoría masculina como femenina recibirá 300 euros, o seu peso en botellas de albariño Rosalía de Castro e unha fin de semana para dúas persoas no hotel Quinta de San Amaro. Os segundos levarán 150 euros e unha fin de semana no Hotel Carlos I de Sanxenxo, os terceiros 60 euros e invitacio´n para o cruceiro en Acquavisión, os cuartos 30 euros e estuche de viño e os quintos 15 euros e outro estuche.
As inscricións deberán facerse antes do 8 de setembro no Concello de Meaño en Radio TV Crespo ou no correo electrónico gam@asociaciongam.org. Non se admitirán inscricións no mesmo día. Anque sí se poderá participar na proba paralela aberta a todo o mundo. Tanto o alcalde de Meaño como o xerente da adega patrocinadora resaltaron a importancia desta cita para o deporte galego e tamén para o propio municipio.
Redacción Salnés





