Meis aumenta o investimento na semana santa de Paradela para potenciar as súas representacións

Meis> Meis aumenta o seu investimento na semana santa de Paradela para mellor a iluminación, os vestiarios e a megafonía das actuacións. A vila volverá celebrar durante toda a semana a recreación dos últimos días de Xesús. Este ano participarán ao redor de 100 actores.

O concello de Meis xa ten todo preparado para a celebración da semana santa de Paradela. Unha recreación dos últimos días de Xesús que atrae a vila a miles de persoas. A principal novidade deste ano e que as recreacións aumentarán coa celebración do casamento de Canaán.

Nos actos participarán ao redor de 100 actores cuxa interpretación é en directo. Para potenciar as representacións o concello triplicou o seu investimento en megafonía, iluminación e vestiarios.

A semana santa de Meis está declarada ben de interese cultural autonómico, pero o obxectivo do concello é conseguir o recoñecemento nacional. A súa expectación ben o merece, xa que esa semana achéganse a vila miles de persoas.

Os actores levan ensaiando dende novembro. Aínda que os papeis principais xa están repartidos, dende a organización teñen as portas abertas para calquera persoa que queira participar nas representacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí