A xunta de persoal do Salnés pide o cese de dous cargos da área Sanitaria

SALNÉS> A xunta de persoal do Salnés pide o cese da directora de recursos humanos e do director de enfermería. Aseguran que estes dous cargos ignoran as súas peticións e toman as decisións forma unilateral. Tamén lamentan que a xerencia do área sanitaria de Pontevedra o Salnés os traten como un hospital de segunda.

A xunta de persoal do hospital do Salnés está farta do trato que está a recibir por parte da directora de recursos humanos e do director de enfermería do centro. Os representantes aseguran que estes cargos levan meses ignorando as súas peticións e actuando de forma de forma unilateral. Cansados da situación piden ao xerente que os cese dos seus postos.

Os representantes aseguran que os dous cargos citados non mostran ningunha intención de solucionar os seus problemas, de chegar a acordos nin de colaborar con eles. Un dos últimos motivos de conflito veu pola incorporación das novas enfermeiras.

Dende o persoal tamén critican a falta de información que reciben en relación á covid 19.

Por todo isto dende a xunta de persoal consideran que a xerencia os menospreza.

Dende a xunta de persoal agardan agora a decisión que tome o xerente.  Segundo a súa decisión estudarán as medidas a tomar no futuro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí