O centro de día da Pobra entrará en servizo no primeiro terzo de 2016

    POBRA> A apertura do centro de día da Pobra está máis preto de ser unha realidade despois de que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar remitise por fin o convenio para a súa posta en marcha. O goberno local agarda que as instalacións poidan entrar en servizo ó longo do primeiro terzo do ano. O goberno da Pobra está a estudar os pormenores do convenio remitido hai uns días polo Consorcio Galego de Servizos para a apertura do centro de día. Dende o executivo consideran bastante elevada a contía que deberán asumir por persoa e día, próxima ós tres mil setecentos euros, aínda que entenden que é difícil conseguir unha rebaixa posto que se trata do mesmo importe que pagan outros concellos. Outro dos puntos que non gusta demasiado ó executivo local é o relativo á comisión de seguimento que non establece que administración deberá asumir os gastos derivados de actuacións de mantemento ou reparación das instalacións. A este respecto, o alcalde ten previsto solicitar unha entrevista coa xerencia do consorcio para clarificar estes aspectos. Unha vez o convenio estea asinado, tan só faltará realizar a concesión doutros servizos como o transporte ou o comedor xa que a xestión do centro xa foi adxudica a COGAMI hai meses. O executivo calcula que as instalacións poderán abrir as súas portas durante os primeiros meses de 2016.