RIBEIRA> Ribeira celebra este sábado a cuarta edición da Ruada do Traxe Tradicional. No acto, que se enmarca na programación das festas de Santa Uxía, participarán preto de 300 persoas de distintas agrupacións.
A cuarta edición da Ruada do Traxe Tradicional Galego, prevista para este sábado, estrea percorrido. Sairá ás seis e media da tarde da carpa do mercado para rematar no auditorio onde terá lugar diversas actuacións d e música e baile.
Esta cita, promovida pola asociación de Amas de Casa de Ribeira, foi medrando ano a ano ata converterse xa nunha cita obrigada para centos de persoas que acoden atraída pola beleza e diversidade do traxe rexional.
A asociación de amas de casa pon a disposición das persoas que o desexen os seus traxes para que poidan participar na ruada.











