Muros continuará co programa formativo en linguaxe de signos

MUROS> O concello de Muros continúa coa súa aposta pola inclusión a través dos cursos de linguaxe de signos que está a organizar. O pasado ano desenvolvéronse os niveis B2 e A1 que terán continuidade ó longo de 2018.

Ademais de promover a accesibilidade facilitando a comunicación para as persoas con dificultades auditivas, estes cursos supoñen un importante complemento formativo para a busca de emprego.

Os interesados nesta oferta formativa poden solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais.