Pose: “O obtido das Eleccións Xerais foi unha derrota sen paliativos”

    O SALNÉS> Os resultados do PSOE son considerados pola Executiva Provincial de Pontevedra como unha gran derrota sen paliativos a tódolos…

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_modesto_pose.flv{/flowplayer}

    … niveis. Esta é a reflexión que facía esta tarde o seu Secretario Provincial en Pontevedra, Modesto Pose, quen asegurou que estes datos empurraban ó seu partido a facer unha reflexión profunda.

    Estes resultados non sorprenderon os socialistas posto que xa o agardaban tras coincidiren tódalas enquisas de intención de voto. Agora toca facer conclaves a tódolos niveis do partido para dotar de sabia nova ó PSOE. Na primeira quincena de febreiro terá lugar o Congreso Federal e a partir de aí iranse sucedendo as reunións a tódolos niveis.

    En resposta ós requerimentos do Partido Popular sobre a necesidade de ter unha oposición leal, Pose asegura que eles tamén van a ser diferentes ó PP na oposición desenvolvendo un traballo que axude a España a saír da crise canto antes, por riba dos intereses partidistas.

    Redacción Salnés