A gardería municipal amplía as súas instalacións con dúas novas aulas

    ampliacion_garderia_ribadumia_100_120509.jpgRIBADUMIA> Estas obras permitirán aumentar en 16 o número de prazas para nenos de 0 a 1 anos.

    {flowplayer}images/salnes/120509_ampliacion_garderia_ribadumia.flv{/flowplayer} 

    Esta semana comezaron os traballos de ampliación da gardería municipal de Ribadumia. A actuación vai a consistir en cubrir o patio existente entre os dous edificios do centro para crear dúas novas aulas. Deste xeito o concello pretende dar resposta á alta demanda de solicitudes que a gardería vén rexistrando nos últimos anos como consecuencia do aumento de poboación no municipio.

    Con estas aulas a gardería disporá de 16 novas prazas para nenos de cero a un ano. Tamén se ampliará o cadro de persoal, coa incorporación ó centro de dúas educadoras. As obras teñen un prazo de execución de seis meses, aínda que desde o concello agardan que estean listas para o vindeiro curso escolar.

    A ampliación da gardería encádrase nos programas sociais que o concello de Ribadumia está a poñer en marcha para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. Outras actuacións previstas polo goberno local para este ano son a posta en marcha dun centro de acollida para persoas maiores, que se ubicará na casa de cultura, o saneamento da parroquia de Lois, a execución da terceira fase da remodelación da carballeira de Barrantes, ou a construción do Tanatorio Municipal.

    Redacción Salnés