Noia agarda pola realización dun cribado masivo

NOIA> A pesar da boa evolución, Noia segue a ser un dos concellos da comarca con máis casos. O executivo adoptou unha serie medidas como complemento ás restricións impostas por Sanidade para conter os contaxios e iniciar a senda de descenso.

A última actualización do Sergas cifra os casos activos por covid en Noia en 73, catro menos ca onte. Por detrás de Ribeira, é xa o segundo municipio da zona con maior número de positivos, superando incluso a Boiro.

O alto número de contaxios preocupa especialmente ó equipo de goberno, que xa lle remitiu unha solicitude á consellería de Sanidade para a realización dun cribado, masivo ou por sectores, da que aínda non se recibiu resposta.

Noia estaba pendente tamén das novidades que se aproben esta mesma tarde no consello interterritorial de Saúde, no que están representados Comunidades Autónomas e Goberno central, no que se tiña previsto estudar a posibilidade de adiantar o toque de queda en todo o país para as oito da tarde, unha medida que influiría nos actuais horarios comerciais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí