Cabío acolle esta fin de semana dous campionatos de campo a través

POBRA> A Pobra converterase esta fin de semana en sede de dúas probas deportivas. O sábado acollerá o campionato provincial de Campo a Través mentres que o domingo disputarase en Cabío o Campionato de Galicia Máster da mesma modalidade.

A elección da Pobra para acoller estas probas de alto nivel sitúa ó concello barbanzán á altura das grandes cidades en número de eventos federados.

Esta fin de semana, o entorno da praia de Cabío acollerá dúas competicións na modalidade de campo a través. O campionato provincial para clubes federados reunirá a catrocentos cincuenta rapaces das categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. O domingo celebrarase o Campionto Máster Individual e Clubs no circuíto de Cabío, un dos que reúne as mellores condicións para a práctica de campo a través de toda Galicia.  Será un percorrido de cinco quilómetros e medio nun entorno de gran beleza paisaxística.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí