CALDAS> O alcalde de Caldas deixará nos vindeiros días o bastón de mando no municipio. Así o anunciou hoxe Juan Manuel Rey nunha entrevista en Radio Arosa. Fíxoo precisamente no día no que se cumpren 18 anos dende a súa chegada ao cargo.
Rey explicou que se trata dunha renuncia voluntaria. Xa hai uns meses adiantara a necesidade de dar cabida a novos proxectos e liderados.
Todo apunta a que trala marcha de Juan Manuel Rey será o número dous da candidatura socialista, Jacobo Pérez Gulín, quen se converta no novo alcalde de Caldas de Reis.












