Prisión para un dos dous ribeirenses detidos polo alixo de cocaína en Asturias

RIBEIRA> Prisión para un dos dous detidos de Ribeira relacionados co alixo de cocaína incautado a pasada semana na costa asturiana.

O Xulgado de Pravia, que é quen instrúe o caso, decretou prisión provisional e sen fianza para el e para outros tres detidos, coma autores dun presunto delito contra a saúde pública.

Trátase de F.M.V., xa con antecedentes policiais anteriores vinculados ó tráfico de drogas.

O segundo dos ribeirenses prendidos nesta operación quedou en liberdade tras prestar declaración esta fin de semana nos xulgados de Ribeira.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado durante a operación, na que tamén colaborou a Policía Nacional, realizáronse un total de catro rexistros, tanto en domicilios como na ‘narcolancha’ incautada.

Interviñéronse un total de 486 quilos de cocaína. Droga que, ó parecer, o grupo criminal desartellado estaría tentando introducir ó resto de Europa.

A investigación segue aberta e non se descartan novas detencións.