![]()
VALGA > Esther, Alejandra e María son as protagonistas do proxecto Memoria de Muller, que se desenvolveu en Valga.
{flowplayer}images/salnes/memoria_muller_valga.flv{/flowplayer}
VALGA > Tres mulleres de Valga servíronse das novas tecnoloxías para relatar pasaxes da súa vivencia recollidas da memoria e elaboraron tres vídeos con fotografías e imaxes delas mesmas. Falamos de Esther Gómez Barreiro, Alejandra Doce González e María Muñoz Hueso.
Os seus traballos enmárcanse no proxecto Memoria de Muller, impulsado pola Xunta, a través Rede de Dinamización da Sociedade da Información, e coa intención de propiciar un achegamento das mulleres maiores de 50 anos ás Novas Tecnoloxías e á Sociedade da Información. Á presentación dos vídeos asistiron a delegada da Consellería de Innovación e o alcalde de Valga. Memoria de Muller estase a desenvolver dende xuño nun total de 23 concellos galegos.
Redacción Salnés










