O PP de Vilagarcía acusa de ‘venganza’ a súa expulsión de diversos órganos

    tomasfole_100_310707__still_001.jpgVILAGARCÍA > O PP de Vilagarcía considera que está discriminado nos órganos e institucións municipais e comarcais.

    O feito de que só se lles dese representación na Mancomunidade do Salnés provocou o enfados dos populares que falan de represalia política por destapa-lo caso León que rematou coa renuncia do ex alcalde pola súa suposta inelexibilidade.

    Os populares negan as acusacións de ‘deslealtade’ e recrimínanlle ó BNG e a EU que contribúan a oculta-lo erro do PSOE ó permitir cos seus votos que o PP quede fora dos órganos de representación, incluso de aqueles nos que sí estaban como a Autoridade Portuaria ou Fexdega. Tamén critica que os socialitas traten de ocultar coas críticas constantes ó PP ‘algo do que só eles son responsables’.

    O voceiro popular fala de ‘total falta de democracia en Vilagarcía’ para denuncia-lo feito de que non estén en ningún órgano municipal nin comarcal a excepción da Mancomunidade, a pesares de ter un tercio dos votos dos cidadáns. Fole recrimínalle ó voceiro do BNG e primeiro tenente de alcalde que actúe de forma distinta agora que está no goberno que cando estaba na oposición e recorda que foi el quen deu o primeiro paso para abrir vías de diálogo pedindo unha reunión coa alcaldesa da que non tivo resposta o que demostraría o ‘desgoberno’ que vive Vilagarcía.

    Ademais o PP non descarta facer unha nova pregunta á Xunta Electoral ‘para aclarar se a lista do PSOE está afectada pola inelexibilidade de León’.

    Redacción Salnés