A feira ‘Artesanal’ de Pontevedra abrirá as súas portas o venres 3 de agosto

    feiraartesania_100_310707__still_001.jpgPONTEVEDRA > A XIX edición da feira de artesanía de Pontevedra volverá a instalarse coma cada ano na Praza de Curros Enríquez dende …

    … o 3 ó 15 de agosto. O Centro Comercial Urbano Zona Monumental, que organiza esta feira, pretende así dinamizar o casco histórico da cidade.

    Un total de 30 expositores, entre artesáns e ONG’s, nos que se mostrarán obras de orfebrería, coiro ou cerámica se concentrarán nesta praza da zona vella de Pontevedra. A feira Artesanal 2007 contará con artesáns de Galicia como da provincia da Coruña e Pontevedra e con outros que veñen de diferentes partes de España como Albacete e Tenerife. Como novidade este ano cóntase cun novo membro que realiza obras con area de praia aínda que nunha feira deste tipo as novidades son todas e cada unha das pezas que se crean.

    Ademais os cativos poderán colaborar na feira pois os artesáns realizarán varias das súas obras en directo permitindo a colaboración de tódolos interesados. O recinto permanecerá aberto tódolos días dende o 3 ó 15 de agosto incluídos os festivos. O horario de apertura será de 11:00 a 14:00 pola mañá e de 18:00 a 22:30 pola tarde.

    A inauguración deste edición número XIX da feira Artesanal de Pontevedra será o día 3 á unha e media do mediodía.

    Redacción Salnés