Xunta e concello invisten 68.000 euros en melloras nos camiños do rural

MEIS> Meis mellora os camiños do rural para fixar poboación. As actuacións contaron cun investimento de 68 mil euros, procedentes do Plan Marco 2017-2018. A obra consistiu na mellora dos firmes de viais en O Pazo, Paiendes, Zacande e Penente. Ata este último, achegáronse hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o rexedor, para comprobar os traballos sobre o terreo.

Meis mellora o estado de catro novos camiños no rural. As actuacións centráronse en Penente, O Pazo, Paiendes e Zacande, todos incluídos no Plan Marco 2017-2018.

As actuacións contaron cun investimento de 68.000 euros, e consistiron na mellora dos firmes destes viais. A intervención mellora as condicións destes camiños, facilitando a chegada de mellores servizos aos veciños do rural.

A intervención supuxo a retirada do firme anterior e a aplicación dunha nova capa a base de aglomerado quente de cinco centímetros de espesor. No lugar de Penente foi necesario tamén actuar sobre os laterais.

Este ano, o concello de Meis tamén está a executar melloras nos camiños de Aorusa, Guimérans e Talide. A contía investida será semellante á adxudicada no 2017, e permitirá levar a cabo unha intervención global ao longo de 1.120 metros.