Martín critica que o goberno local ignore de novo o problema do tráfico

    telmopedrosa_plenopontevedras_100_010807__still_001.jpgPONTEVEDRA > O PP de Pontevedra lamenta que o novo goberno local non incluíse unha concellería de tráfico.

    O voceiro popular, Telmo Martín, recorda que cando se fan enquisas en Pontevedra, un de cada dous cidadáns asegura que o maior problema da vila é o do tráfico. Sen embargo, o novo goberno non inclúe unha concellería adicada exclusivamente a resolver esta eiva e optan por dividi-la cuestión entre catro departamentos: Mosquera encárgase dos parkings, Guillerme Vázquez do transporte público, Valcárcel dos viais do rural e Casal das reformas no contorno do casco urbano.

    ‘Demasiados galos no mesmo curral’, di Martín, a quen tamén lle sorprende que Antón Louro sexa o responsable da promoción económica. Os populares apostarían por alguén con experiencia como xestor para resolver outro dos grandes déficits de Pontevedra.

    E finalmente sorpréndelles a división de catro áreas de goberno como urbanismo, educación universitaria e non universitaria, medio ambiente rural e urbano e o rural repartido entre PSOE e BNG, o que, segundo Telmo, provocará maiores descoordinacións. Todo esto demostra, segundo o PP, que as funcións se repartiron pensando máis nos intereses persoais e de partido que en Pontevedra.

    Redacción Salnés