Manuel Gato é o novo fichaxe do Pontevedra Club de Fútbol

jugadorpontevedra_100_060807__still_004.jpgPONTEVEDRA > Manuel Gato é o novo fichaxe do Pontevedra Club de Fútbol. Este mozo alacantino procedente do equipo do Albacete …

… será dianteiro do club polas dúas próximas tempadas.

Con 23 anos e nacido en Alacante, Gato foi xogador do Albacete durante catro anos e chega a Galicia contento de fichar polo Pontevedra. Gato xogará como dianteiro pese a que podería situarse como mediapunta pola súa habilidade e rapidez.

Na rolda de prensa o presidente do Pontevedra, Nino Mirón, tamén falaba dos rumores de negociación co Celta para fichar a Gustavo López tachándoos de infundados. Mirón aclaraba que lle gustaría contar con Gustavo no Pontevedra pero que non se están levando a cabo negociacións e que este sería un fichaxe inalcanzable para o club granate.

Redacción Salnés