O Terrón acolle a 2ª proba do Galego de Motos Acuáticas

motos_acuaticas250_280709.jpgVILANOVA> Vilanova repite como escenario dunha proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas, que se celebra este sábado na praia do Terrón. Ese mesmo día, inaugurarase ademais o Campionato Galego de Embarcacións Neumáticas. As probas foron presentadas esta mañá no Concello vilanovés.

{flowplayer}images/salnes/motos_acuaticas.flv{/flowplayer}

VILANOVA> A praia do Terrón, en Vilanova, acolle este sábado a segunda proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas, tanto na modalidade de Maxi, como na de Jet Ski.

Desde a Federación Galega de Motonáutica e o Club Perla de Arosa, organizadores destas probas, destácase o gran nivel que hai nesta edición. Participarán quince pilotos en maxi e 10 en jet e os campións do ano pasado Manuel Osorio e Isidoro Carabelos non puideron estrearse con vitoria. Na cita inaugural disputada en Coles gañou Carlos Avelino Blanco en Jet e Arturo Campos en Maxi.

O sábado tamén se disputará en Vilanova a cita inaugural do Campionato Galego de Embarcacións Neumáticas PR-550. Os redondeláns Juan Carlos Solla e José David Álvarez defenderán o título de 2008. Ambas competicións arrancarán cunha primeira manga á unha e media da tarde e logo haberá unha segunda ás catro e media. Os premios entregaranse ás oito e media.

Redacción Salnés