Emprosal inaugura as súas novas instalacións en Sanxenxo

    emprosal_100_060807__still_001.jpgSANXENXO > Están no lugar do Vinquiño e servirán para dar cabida ós novos proxectos da sociedade e para mellora-lo servizo ós clientes.

    Trátase dun moderno edificio de dúas plantas que da cabida ós novos proxectos e presta un mellor servizo ós clientes. Na súa inauguración estiveron moitas caras coñecidas de Sanxenxo e da comarca do Salnés, onde a promotora ten en marcha numerosas obras. Anque tamén traballa actualmente noutros puntos do país, como Santiago, Foz, Pontevedra, ou León.

    Emprosal 16, S.A. naceu en 1996. Dende entón mantivo o compromiso de levar a cabo unha actividade inmoniliaria transparente e centrada en dar resposta ás necesidades dos seus clientes, o que se traduciu nun crecemento constante ó longo destes anos que rematou coa creación de tres sociedades: Alusal, Urbangolf Plus e Inversal 16. En todas elas destaca o respecto ó medio ambiente e a calidade da construción.

    Para iso a compañía ocúpase de todo o proceso e o controla ata que a vivenda chega a mans dos seus compradores que agora dispoñen destas novas oficinas para facer calquera consulta.

    Redacción Salnés