O R.I.P. consolídase como plataforma para os grupos locais na súa 3ª edición

    festivalrip_070807.jpgRIBEIRA > O Festival Rock In Palmeira volverá á praia da Corna na súa terceira edición con sete grupos de rock, punk e metal.

    A cita coa terceira edición do festival RIP é este xoves ás nove e media da noite na praia da Corna, no escenario montado ó lado do bar Che Vení.

    Este festival pretende sobre todo fomentar os grupos locais de xente nova, dándolles un espacio onde tocar e amosar as súas creacións. Nesta edición serán un total de sete grupos os que se suban ó escenario a demostrar a súa valía en estilos que se moven entre o rock e o metal.

    En anteriores edicións do Rock in Palmeira chegaron a xuntarse na praia da Corna máis de cincocentas persoas. Nesta ocasión a organización agarda rebasar a barreira do millar. Para animar a asistencia ó festival, ademais de música, haberá tamén unha barra e queimada de balde para tódolos asistentes ás doce da noite.

    Este festival xurdiu entre os mozos da localidade como unha alternativa de ocio ás existentes, polo que conta coa colaboración do concello de Ribeira, pero tamén coa idea de promocionar os grupos locais. 

    A pretensión dos organizadores do Rock in Palmeira é que o festival se consolide e chegue a acadar e fama e repercusión doutros festivais de Galicia, coma pode ser o de música celta de Ortigueira.

    Redacción Barbanza