A ILLA> Combinar a comodidade do urbano coa beleza paisaxística mentres fas exercicio. Deste xeito preséntase na Illa a V edición do Carreirón 10k. O evento terá lugar o vindeiro 5 de maio.
No 2015 un grupo de afeccionados ó deporte e veciños da Illa puxeron en marcha o Carreirón Popular 10k. Catro anos despois a Fundación Deportiva Municipal presenta a V edición deste evento. Unha carreira na que non só se vai a facer deporte se non tamén a gozar da paisaxe.
O “Carreirón” desputarase o 5 de maio coincidindo co Día da Nai. Con elo tamén se quere fomentar e poñer en valor a participación da muller no deporte.
Entregarase un ramo de flores á primeira nai e trofeos ós 3 primeiros de cada clase, agás nas categorías base. Dende a Fundación tentan chegar a todos os nenos para que practiquen deporte ou actividades físicas.
A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web emesports.es. Na primeira semana tamén se poderá facer na administración de lotarías da Illa. O máximo de participantes é de 350 para os absolutos e 250 para os cativos.
Comments are closed.