Alcaldes do Salnés confían no mantemento do status quo do Hospital

    touris_alcaldes_100.jpgCAMBADOS> Os alcaldes da Comarca do Salnés amósanse confiados de que o Hospital do Salnés manteña a súa independencia e non pase a pertencer…

    {flowplayer}images/salnes/030609_alcaldes_salnes_por_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    … á órbita do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Moitos deles basean a súa postura nas últimas declaracións feitas ó respecto polo Presidente da Xunta de Galicia, que tiveron lugar no transcurso dun mitin en Vilagarcía.Nelas, o mandatario galego aseguraba que se ía a manter o status quo do Hospital no eido administrativo e que se ían a ampliar as instalacións. Con todo, hai alcaldes da comarca que aseguran que non se ten facilitado información a este respecto máis que a través da prensa, co que reclaman máis información.

    Alcaldes de Concellos non dependentes deste Hospital do Salnés confían tamén na pronta resolución desta polémica, polo ben do xeral dos cidadáns.

    Redacción Salnés