A Xunta acepta os terreos onde se construirá o Centro de Día

    luis_aragunde100.jpgCAMBADOS> O Consello da Xunta vén de aceptar os terreos e a antiga edificación de San Tomé

    … que o Concello cedera á consellería de Traballo e Benestar para construír o Centro de Día.

    O alcalde, Luis Aragunde, indicou que ‘está a punto de rematar a redacción do proxecto e sairá a contratación para que poidan comezar as obras’. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou recentemente estes terreos e confirmou a súa idoneidade para a posta en funcionamento do Centro de Día.

    O rexedor considera que esta é unha obra prioritaria para o goberno municipal. O novo Centro Municipal contará con Centro de Día, dotado de comedor e transporte para que todos os anciáns poidan acudir a el coa maior comodidade. Tamén se centralizarán no edificio as tarefas do Programa de Axuda a Domicilio, así como as de cooperación en minusvalías e drogodependencias.

    Redacción Salnés