RIBEIRA> O BNG xa anunciou que volverá a rexistrar novas iniciativas no Parlamento, a través do seu grupo parlamentario, para que se dote ós centros de saúde de Aguiño e de Ribeira do persoal médico suficiente, que garante esa calidade asistencial.
Para os nacionalistas non se pode permitir nin normalizar que a falla de facultativos sexa a tónica habitual.











