A Universidade Popular da Illa impulsa dous novos cursos para mulleres en risco de exclusión

A ILLA> A Universidade Popular da Illa lanza dous novos cursos gratuítos para o fomento da empregabilidade. Un céntrase en formación en hostelería e turismo e outro de limpeza. Están dirixidos a mulleres en risco de exclusió social. O prazo para inscribirse xa está aberto.

Dúas novas accións formativas para darlle continuidade a un proxecto de longo percorrido, a Universidade Popular da Illa de Arousa.

Os dous novos cursos van dirixidos á mocidade, pero sobre todo ás mulleres en risco de exclusión social ou que teñen dificultades para atopar emprego.

O primeiro dos programas céntrase na formación en hostalería e turismo.

O outro dos cursos, o de limpeza de superficies, vai máis alá da formación. O seu obxectivo é establecelar bases entre as participantes para a futura creación da súa propia empresa de limpeza.

As dúas propostas contan cunha temática transversal, con achegas noutras materias cruciais para atopar traballo ou emprender. Desta volta, cada un dos cursos, que son de balde, conta con 16 prazas. Para o alcalde insular, estas dúas novas accións formativas son boa mostra do dinamismo e conciencia social que se agocha detrás da Universidade Popular.

A da Illa de Arousa é a única Universidade Popular asentada en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí