Un cento de persoas fórmanse no marco do Plan Integrado de Emprego de AMICOS

RIBEIRA> A Asociación AMICOS  entregou os diplomas ós participantes na terceira edición do Programa Integrado de Emprego. Un cento de persoas reciben formación no marco deste proxecto encamiñado a facilitar a súa inserción laboral.

O Plan Integrado de Emprego de AMICOS arrancaba no mes de novembro coa participación dun cento de persoas que reciben formación a través de itinerarios personalizados nas áreas de comercio e almacén, así como habilidades transversais no manexo de novas tecnoloxías e orientación cara o emprego.  Aínda que o programa non rematará ata outubro, AMICOS realizou un acto de entrega de diplomas para facer balance dos resultados.

Como e anteriores edicións, o PIE conta co apoio da Xunta de Galicia que a través da Xunta de Galicia destinou 300 mil euros a esta iniciativa encamiñada a favorecer a inserción laboral de colectivos con máis dificultades.

A directora Xeral de Emprego e Igualdade aproveitou para informar que mañá mesmo remata o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de Plans Integrados de Emprego 2023-2024 que estará dotada con 10 millóns de euros e alcanzará a 4600 persoas.